Un capítulo máis das nosas voces en Londres. Hoxe unha rapaza e dous rapaces de doce anos. Como sempre digo, abramos as orellas, pechemos os ollos e pensemos que hai esperanza.
26/11/2010
24/11/2010
En Londres fálase de: A represión franquista en Galicia
Mañá, xoves 25 de novembro, ás 18:00, o profesor da USC Antonio Míguez impartirá un seminario no Centro Cañada Blanch de Estudios Hispánicos Contemporáneos da London School of Economics co título de Genocide and Represion in Galicia. O devandito seminario é de entrada libre e terá lugar en Cowdray House (Room J116), no Campus da LSE en Holborn.
E tamén o xoves oito de decembro o mesmo profesor estará no IE Cañada Blanch onde impartirá a conferencia "Historias da represión franquista en Galicia".
23/11/2010
Cine e tribu 2.0: Tamén a chuvia
Temos unha compañeira que é unha argalleira. Leva nas súas mans e na súa cabeza un proxecto que vencella cine, educación e web 2.0 co gallo do estreno do filme de Iciar Bollíaín También la lluvia. O seu traballo podédelo ver neste blogue. A nosa contribución é moi humilde en comparación con todo o traballo que ela está realizando. Cos seus ex-alumnos (agora estudantes de galego en Londres de 5º e 6º de Primaria) estivemos ensaiando as posibilidades de subtitular vídeos e ocorréusenos poñerlle a lenda en galego ao tráiler do filme. Ao mesmo tempo gustaríanos ter a posibilidade de ver este filme en galego pois non só participa nel un dos nosos mellores actores como é Luís Tosar senón que tamén unha das produtoras á a coruñesa Vaca Films e amais colabora a Consellaría de Cultura. (Para escoller a lingua dos subtítulos premede a opción choose language que aparece no fondo esquerda do vídeo)
22/11/2010
Non hai dúas sen tres: xa temos a letra de A Carolina en inglés
Hoxe o alumnado de 5º e 6º de Primaria estivo probando as posibilidades dos programas para a subtitulaxe. Desta tocoulle a A saia da Carolina, versión de Fuxan os Ventos. E como práctica acordounos que, tendo en conta que por algunhas escolas galegas circula unha versión en castelán desta nosa canción, ben podería haber outra en inglés. Entón dende Londres os rapaces de once anos ofrecen a letra. A ver se agora unha star da pérfida Albión se anima. De todas maneiras nós preferimos a auténtica e orixinal,en galego. (Para que saian os subtítulos premede a opción Choose language e a cantar)
17/11/2010
16/11/2010
Con cantos millóns de persoas podemos falar en galego?
Supoño que esta será unha das preguntas á que responderá o profesor de Literatura Portuguesa da Universidade de Santiago de Compostela, Elías Torres, na súa visita ao Cañada Blanch. Como vedes no cartel, teremos a oportunidade de escoitalo o próximo xoves e estou seguro que os rapaces e rapazas lle han de facer, como acostuman, milleiros de preguntas.
14/11/2010
Laboratoro: proxecto sonoro de Xelís de Toro
O próximo mércores 17 de novembro teremos oportunidade de coñecer Laboratoro, un proxecto de música experimental que o propio escritor galego define como "poesía sonora" e ao que lle presta a súa voz. Para ir escoitar o concerto desta banda é necesario reservar aquí pois é un concerto case privado. Custa tan só 4 libras e terá lugar en:
Dalston Boy’s Club
68 Boleyn Road
London N16 8JG
68 Boleyn Road
London N16 8JG
13/11/2010
12/11/2010
Asústate, Merche!
Asústate Merche, é unha novela escrita por Fina Casalderrey. A novela trata dunha rapaza de 15 anos chamada Auria. Auria vive unha adolescencia moi dura xa que ten que soportar a ausencia do seu pai, que abandonounas a ela e a súa nai. Por esta razón, Auria rexeita aos homes e dubida de que poida chegar a namorarse. Auria ten un diario no que escribe todos os seus problemas, e a particularidade da novela, é que Auria trata ao seu diario coma se fora unha persoa e diríxese a el co nome de Merche.
Auria está moi deprimida e a súa nai convéncea de que vaia a unha excursión de estudantes por toda Europa, organizada polo cura da parroquia. Nesta viaxe ocorre algo inesperado, Auria descubre o amor por primeira vez con Paio, que vén sendo sobriño do cura; por primeira vez séntese feliz de verdade. Pero esta felicidade dá un xiro drástico, cando Auria descobre que Paio é adoptado e por un malentendido pensa que é o seu irmán. Isto leva a Auria a un intento de suicidio.
Ao final resólvese o malentendido, e Auria e Paio loitan porque dure o seu amor.
Recomendo esta novela, sobre todo aos adolescentes xa que o feito de que a novela estea escrita en primeira persoa e trate temas adolescentes conmo por exemplo o primeiro amor, a amizade,etc. fan que o lector se sinta identificado cos personaxes.
11/11/2010
A expedición do Pacífico
Este libro é de Marilar Aleixandre. Esta novela valeulle á autora o Premio da Crítica Galega. Foi a primeira muller galardoada e tamén foi a primeira vez que unha obra de literatura xuvenil obtivo este premio. A obra vai pola sétima edición en galego e foi traducida ao castelán e ao portugués.
Emilia é una rapaza de doce anos, que ten un irmán que se vai de expedición durante tres anos. Emilia, pensa que ela ten mais dereito ca o seu irmán de ir a esa expedición, xa que segundo ela, o seu irmán sabe menos de ciencia ca ela xa que lle ten que axudar moitas veces a resolver as dúbidas que el tiña. Ela decide colarse na expedición. Disfrazada de home (debido a que naquela época as mulleres non tiñan o dereito de acudir a expedicións científicas pola desigualdade de xénero) Emilia, no libro, vainos contando que cousas lle ocorren na expedición, e por todos os problemas que ten que pasar, Emilia namoóase dun rapaz chamado Diego, que é o seu primeiro amor. A expedición durou tres anos nos que se nota como Emilia vai madurando, o seu pensamento vaise convertendo nun pensamento serio, debido a que sabe como é a vida, todo grazas á expedición. Cando regresa Emilia é outra persoa completamente distinta cun pensamento claro sobre os seus ideais. A expedición remata cando se quendan sen cartos e deciden volver. Este libro gustoume porque vese como una muller loita polo que quere, Emilia quería ir á expedición e fixo todo o posible para conseguilo e foi capaz de facelo.
A novela é baseada en feitos reais
10/11/2010
Os versos de Yolanda Cataño e web2.0
Estas dúas entradas relativas á poeta galega foron elaboradas por alumnado de galego de quinto e 6 de primaria, como maneira lúdica de traballar poesía e tecnoloxía
Poesía galega en Londres: Y. Castaño
09/11/2010
08/11/2010
Axúdanos a elixir mascota: cal é a túa preferida?
Estas son as seis mascotas propostas polo alumnado de 5 e 6 de Primaria para a área de galego. Pulsade no play de cada unha para escoitalas e cos vosos votos e comentarios elixiremos a Gatuxa, Xoana, Lediño, Corazonciño, Aqwoolf ou a Quenlla.
07/11/2010
O Día da Ciencia en Londres
En Londres, no IE Cañada Blanch tamén celebramos o pasado 4 de novembro o Día da Ciencia en galego. E tivemos a fortuna de contar co lugués Uxío Seijas, un xenetista molecular que leva máis de dez anos traballando en hospitais de Londres e que nos contou unha chea de cousas interesantes sobre o seu traballo.
E amais puidemos ver como na lingua que aprendemos tamén se poden transmitir contidos científicos. E se non, mirade
06/11/2010
O pronome persoal
Nesta ocasión Laura e María, alumnas de bacharelato do IES Cañada Blanch de Londres presentamosvos un power point sobre o pronome persoal.Pero se non vos é suficiente coa nosa información podedes consultar mais información aquí, nesten enlace ou nestoutro sitio. Podesde facer exercicios neste enlace ou nestoutro lugar. Tamén hai actividades aquí
04/11/2010
Martiño Rivas no Cañada: palabra de galego
3 de novembro de 2010. Doce da mañá. O alumnado de galego de 1º e 2º da ESO do IE Cañada Blanch agardaba na aula a súa clase de galego dos mércores. María, alumna de galego de Bacharelato, lévalles un aviso: debedes baixar ao salón de actos; a conferencia que iades ter mañá sobre xenética molecular houbo que adiantala. Baixan ao salón de actos. Sorpresa: agardábaos o esperado Martiño Rivas. Era unha promesa de principio de curso feita realidade. Martiño faloulles da súa traxectoria persoal: dos seus estudos de saxofón no conservatorio, do curso de 3º da ESO que realizou no propio Cañada Blanch e tamén dos seus estudos de Comuniación Audiovisual na universidade de Compostela. E por suposto da súa faceta profesional: das series e dos filmes nos que traballou e que o confirman como un dos actores novos máis relevantes do momento. Amais estivo moi amable e verdadeiramente cariñoso con todos nós; asinou centos de autógrafos e os que lle quedaron para outra ocasión. Daquela xa sabes onde estamos. Moitas grazas, Martiño. E grazas Laura polas fotos.
03/11/2010
As nosas voces: Tamara, John e Estefanía
Hoxe presentamos a tres novas voces galegas. E tan novas que teñen 11 anos. Como dicimos sempre, abride as orellas, pechade os ollos, debuxade un sorriso e compartamos esperanzas:
02/11/2010
Pola ciencia en galego: Londres
O próximo xoves moitos dos centros de ensino en Galicia, convocados pola CGENDL, celebrarán unha xornada pola ciencia en galego coa que se pretende demostrar que a nosa lingua tamén é idónea para a transmisión do coñecemento científico. E mesmo dende Londres, dende o IE Cañada Blanch, intentaremos comunicarlle á sociedade o noso orgullo de expresar ciencia en galego.
O substantivo e o adxectivo
Deixamos un novo powerpoint do substantivo e o adxectivo. Esperemos que vos guste.Máis información nesta páxina e neste enlace Para actividades aquí, ou nestoutro sitio. E se aínda tes dúbidas proba aquí e máis neste enlace e mesmo neste Lim. E para calquera aclaración, xa sabes onde estamos... nos comentarios.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




