Como estamos en datas próximas ao Día da Paz, velaquí unha proposta dende o Cañada de Londres con WMM e cun poema de Bertold Bretch. Ben vedes que Tamara e John son uns auténticos cracks
26/01/2011
24/01/2011
E esta semana, unha de economía!
Este próximo xoves 27 de xaneiro temos un novo convidado: Antonio Rodríguez Sampayo. É profesor da facultade de Ciencias Económicas e Empresariais da Universidade de Santiago de Compostela. Falaranos sobre se realmente son necesarias medidas tan drásticas para saírmos da crise. Daquela todo o mundo atento.
E agora a mini entrevista. Iso si. Imos desculpar a Alex e a Marcos porque tiveron algúns problemas técnicos. A próxima, mellor.18/01/2011
As nosas voces: Daniel e Andrea
Daniel e Andrea teñen 9 anos e estudan cuarto de Primaria no Cañada Blanch de Londres. Tamén estudan galego. Como escribimos sempre, dádelle volume ao aparato, abride os ollos, debuxade un sorriso e permitídevos por un momento que a esperanza vos asolague. É un pracer escoitarvos, rapaces.
17/01/2011
Proxecto Pomba Dourada
O libro Proxecto pomba dourada trata dun día no que Arno chega á casa e encóntrase cos corpos dos seus pais mortos. Deixáronlle unha mensaxe no ordenador: temían ser asasinados por ter descuberto unha rede de información que controla todos os ordenadores e coñece os seus traballos nun programa para desactivala. Arno ten que marchar para Fisterra e buscar o Mestre Cego, con axuda de Merlin, un anel que ao frotalo fala con Arno e contén os datos do programa “Pomba Dourada”. Cando empeza a súa viaxe descubre o mundo fóra da cidade dos “borrallas”. Estes eran uns homes semisalvaxes que só se alimentaban de lixo das ciudades, impiden a outras persoas entrar e só poden entrar homes sans.
Tras esta viaxe, Arno encóntrase con persoas que lle axudan, un xigante chamado Imaz que era mudo, unha xoven, Gwendaill e Arturo. Estas persoas recollen a Arno cando estaba a punto de tirarse dun ferrocosteiro cando estaba en marcha debido a que estaba fuxindo da policía e un home misterioso estaba seguíndoo.
O perseguidor de Arno, consegue capturalo e con descargas eléctricas pretende que Arno lle fale do programa informático. Gwendaill chega a tempo a rescatalo e Merlín foi quen o guiou ata chegar a Arno. Aínda non estaban libres completamente porque uns piratas que traficaban con videos musicais estaban perseguíndoos pero Lesoto, o policía chega e detén aos piratas. Arno chega a Fisterra, e o Mestre Cego explicalle que o proxecto "Pomba Dourada" necesitará anos. O que máis aprendiu Arno da súa longa viaxe foi que o máis valioso é o camiño.
12/01/2011
Ecos galegos xeorreferenciados en Londres
11/01/2011
Literatura Galega en inglés: dúas novas achegas
Dúas novas publicacións verquen algunhas das pasaxes máis signnificativas da literatura galega ao inglés. Por unha banda, Breogán's Lighthouse. An anthology of Galician Literature, editada por Antonio Raúl de Toro Santos e publicada por Francis Boutle Publishers. Esta antoloxía bilingüe abrangue dende a lírica medieval ata a poesía contemporánea sen descoidar tampouco algunhas das páxinas máis significativas da nosa prosa literaria. Entre os tradutores encontramos a David Clark, Alan Floyd, Anne MacCarthy, John Rutherford, Ana Gabín ou Juan Casas.
Amais, a finais do pasado, a Poetry Review tirou o suplemento Contemporary Galician Poets no que Jonathan Dunne presenta en inglés algunhas das voces poéticas máis relevantes dos últimos tempos.
Daquela, os nosos parabéns aos promotes destas iniciativas e prometemos levalas á aula. O hóbbit
O libro que eu escollín chámase O hobbit. Trata das aventuras de Bilbo Bulseiro, que como podedes imaxinar polo título do libro é un hobbit, ou en outras palabras un mediano, aínda que se queredes a miña opinión é máis ben un gnomo de xardín, porque os ananos (si, tamén temos ananos, magos trasgos, e ata elfos neste relato) son máis grandes ca el. Bilbo comeza sendo un hobbit coma outro calquera relaxado, come varias veces ó día e non lles gusta saír moi lonxe da súa casa. Hai que decir que non che son moi aventureiros por natureza.
As peripecias do noso protagonista comezan cando o mago Gandalf aparece pola porta de Bilbo mentres este descansaba, e fumaba da súa longa pipa de tabaco. Gandalf pregunta se sabe de algunha persoa, ou hobbit que queira embarcarse nunha aventura con el ás terras moi distantes, onde podería encontrar grandes tesouros. Despois dunha pequena charla Bilbo invita ó mago (si, Gandalf é un mago) tomar o té da tarde. Mentres espera a Gandalf, van chegando invitados inesperados, os ananos. Despois de cear coma porcos, e de maquinar un plan de como atopar o tesouro, gardado por un dragón, Bilbo e os seus acompañantes terán que viaxar por terras moi perigosas e infestadas de trasgos, e trols (onde conseguirá unha espada que se volve azul cande hai trasgos cerca).
Tras encontrar o tesouro e escapar dos trasgos que había na caverna, Bilbo consegiu saír axudado pola criatura Gollum, un ser horripilante que tiña unha dobre personalidade. Tras saír conseguiu atopar de novo os seus compañeiros, pero desafortunadamente Bilbo volveuse a meter noutra caverna pero esta vez á saída non ìa ter tanta sorte porque había de aparecer en medio da batalla dos cinco exércitos. Despois da batalla Bilbo regresa á casa onde volvería cos tesouros que atopou na súa viaxe e viviría tranquilo durante un tempo.
O libro está moi ben escrito e é un libro que merece a pena lelo.
Doulle unha nota de 8/10
J.R.R. Tolkien, naceu en 1892, combateu na Pirmeira Guerra Mundial, e anque máis coñecido por escribir os libros de O Señor dos Aneis, pero o libro de O Hobbit e o primeiro desta saga,
Para máis informacion sobre esta autor pulsar aqui
Suscribirse a:
Entradas (Atom)



