27/05/2011

Concurso Literario Cañada Blanch: 1º Premio

Hoxe presentámosvos o 1º Premio do Concurso Literario Cañada Blanch en lingua galega. Merecérono estes tres poemas de C. Campos, unha rapaza de 2ºESO que, ademais, nolos recita. E. Moreda e J. Ramos, escritores galegos en Londres, xa teñen competencia. E agardamos que teñan máis.
NON SEI



24/05/2011

A. M. Isla, cirurxián en Londres, en galego


Mañá 25 de maio e como de costume ás 12 da mañá, visitaranos un profesional galego que leva anos exercendo a súa actividade en Londres. Neste caso, trátase do prestixioso doutor Isla cun amplísimo currículo profesional na capital londiniense, sobre todo, en temas relativos ao aparato dixestivo. Seguro que terá moitas cousas que nos contar da súa vida na capital e da utilidade da nosa lingua na capital británica.

19/05/2011

Inma Gil, xornalista da BBC, en galego: a entrevista

Hai unhas horas tivemos a fortuna de escoitar a Inma Gil, xornalista da BBC. Falouno do seu traballo e da gran empresa de comunicación na que traballa. Soubemos, por exemplo, que ten unha audiencia semanal de 180 millóns ou que emite en 40 linguas. E tamén soubemos que dende o ano 1947 ao ano 1956 houbo emisións en galego. Deixámosvos a entrevista e unha folla cunhas cuestións. A ver se sodes capaces de respondelas. Nós fixémolo moi ben despois de escoitala.

18/05/2011

Inma Gil, xornalista da BBC, en galego

Mañá 19 de maio ás 12 da mañá recibiremos a visita de Inma Gil Rosendo, xornalista galega que leva traballando na BBC dende o 2004.Tras teren feito numerosas reportaxes para a devandita canle ou ser correspondente en México, na actualidade é "senior video producer", e está a cargo editorial dos videos que se publican na web bbcmundo. Falaranos do Servizo Mundial da BBC, da súa experiencia profesional e, seguro, que de moitos outros temas de garn interese nestes momentos.

Lois Pereiro, recitado en galego e en inglés

Na antoloxía bilingüe Breogán's Lighthouse tan só aparecen dous poemas de Lois Pereiro que, para esta oacasión, recitan María, Sonia, Serxio e Laura.






10/05/2011

Xogando cos versos de Lois en Londres (2ºciclo Primaria)

Nas vésperas do 17 de maio, andamos a xogar cos nosos monecos preferidos e con algúns versos de Lois Pereiro. Velaquí unha mostra do resultado:



04/05/2011

No Cañada, entre plantas: as de John

Traballamos e estudamos nun centro con máis plantas das que, a simple vista, pode parecer. Para que coñezades algunha delas, os de 6 de Primaria elaboraron estas dúas presentacións despois dun perocrrido fotográfico polas instalacións do Cañada Blanch de Londres. Ou de Galicia? Non perdades os comentarios técnicos.

Outra de economía: o papel das caixas no exterior

Mañá 5 de maio ás 12 teremos unha conferencia máis de economía. Neste caso será a directora de Novacaixagalicia de Londres quen nos presentará unha exposición titulada "As caixas no estranxeiro". De seguro que saberemos máis das súas funcións, da súa historia e dos proxectos deste tipo de institucións en cidades como Londres.
Queremos asemade agradecer a colaboración económica que esta entidade achegou para a viaxe a Galicia que realizaremos a partir do mércores próximo.