E neste vertixinoso outono que levamos, o próximo luns será Iago Martínez (El País, Rockdelux, Mondosonoro, Xornal de Galicia, ...) quen nos acompañe para falar da situación actual dos medios de comunicación en Galicia. Neste caso, será aproveitando a súa estadía en Oxford onde pola tarde tamén intervirá na universidade ao respecto do mesmo tema. Velaquí a entrevista de Serxio:
24/11/2011
Adiviña, adiviñanza... con premio
Aquí vos deixan algúns nenos e nenas de 4º Primaria unhas adiviñanzas. Quen sexa o primeiro que dea coa resposta das catro, terá un premio. Palabra galega.
23/11/2011
Revisitando a Rosalía e Celso Emilio en Londres con R. Cacho Casal
O próximo venres 25 de novembro estará connosco Rodrigo Cacho Casal, profesor e especialista en Literatura española do Departamento de español e portugués do Clare College da Universidade Cambridge. Mais nesta ocasión, este investigador quevediano, deleitaranos coa lectura e comentario dalgúns poemas de Rosalía de Castro e de Celso Emilio. Sen dúbida, unha excepcional ocasión para revisitarmos dúas das figuras senlleiras das nosas letras. E aquí vai a entrevista tras unha clase de luxo:
22/11/2011
Encontro con Rafa Cuíña, Inma Gil e Eva Moreda: Lingua hoxe: reflexións dende Londres
O vindeiro día 5 de decembro, luns, ás 19:00h terá lugar un encontro no Instituto Español Cañada Blanch de Londres co tema da lingua a tratar, a súa situación actual ou as perspectivas de futuro baixo o título "Lingua hoxe: reflexións dende Londres".
Para iso contaremos con tres persoeiros importantes do mundo da cultura e da comunicación dun lado e do outro do mar, moderados pola profesora de lingua do Centro de Estudos Galegos de Oxford, Laura Sáez. Pola banda londiniense, Inma Gil, xornalista da BBC, unhas das impulsora do Manifesto O galego é útil, integrante do reactivado Grupo de Traballo Galego en Londres e tamén unha das administradoras do grupo facebook Galegos morriñentos en Londres. E ademais Eva Moreda, profesora de Musicoloxía na Open University, escritora (recente Premio Terra de Melide por A Veiga é coma un tempo distinto) e tamén integrante do Grupo de Traballo Galego. E pola outra banda do mar, Rafa Cuíña, empresario dezao, membro do IGEA, da asociación Prolingua e colaborador en varios medios de comunicación tanto escritos como radiofónicos e televisivos que, ultimamente, adquiriu grande notoriedade na sociedade galega pola súa postura crítica co goberno actual ao respecto da súa política cara a lingua malia ser militante do partido que está gobernando Galicia.
Daquela a cousa promete. Só necesitamos que tamén esteades VÓS para termos unha tarde agradable e xeitosa.
18/11/2011
As influencias musicais inglesas na música galega, en galego e en Londres
O próximo luns o alumnado de Bacharelato gozará dunha sesión ben musical pois estará connosco Juan Fernández Navazas. Este xoven filólogo está a realizar na capital británica os seus estudos de investigación ao redor de certos grupos ingleses dos anos 70-80 que, como di el "pasaron da performance abxecta á música industrial. Hai un pouco de sicoanálise, un pouco de antropoloxía, historia da música, literatura francesa.." Mais, á espera de ver os froitos, propón falarnos de como en Galicia se tomaron certos patrón da música inglesa, sobre todo, en grupos como Siniestro Total, Resentidos, Golpes Bajos ou Víctor Coyote. Sen dúbida, promete.
E, entre Sex Pistols e Siniestro, recibimos unha magnífica lección de historia da música. Grazas
E, entre Sex Pistols e Siniestro, recibimos unha magnífica lección de historia da música. Grazas
16/11/2011
O noso querido zoo (5ºPrimaria)
Na aula de 5º de Primaria ocorréusenos este divertimento que ten como base o conto Querido Zoo de Rod Campbell e máis o LIM do mesmo nome de Belén Junquera. Iso si, o noso querido zoo ten os animais que atopamos coas xa coñecidas voces de Andrea, Dani, Laura, Lucas, Milena, Samu, Sef e Zoe. Escoita a estes londoners falar galego.
Linguaxe web en Londres, en galego
Mañá 17 de novembro teremos a ocasión de compartir unha hora con Raimundo Vázquez a propósito do deseño de páxinas webs e da súa importancia para a venda on line. Amais, este profesional do ámbito, instalado en Londres dende hai uns anos, poñeranos a todos a traballar nun proxecto real. Sen dúbida, semella moi interesante e foino; empezamos a programar en HTML. O único inconveniente foron os problemas técnicos para a entrevista; mais deixamos unha foto:
14/11/2011
A moda en Londres, en galego
Mañá estará connosco Gala González, ex-alumna do IE Cañada Blanch. Esta coruñesa afincada en Londres, onde estudou Deseño, amais de deseñar para Adolfo Domínguez, é toda unha referencia nos blogues sobre moda e tendencias. O seu blogue Amlul é un dos mellor considerados internacionalmente segundo a revista Vogue. Mañá falará co alumnado de Bacharelato sobre moda, tendencias, blogues, e en galego. Claro está.09/11/2011
A Idade Media galega en Londres, en galego
Xa advertiamos que esta semana viña cargada. Mañá xoves 9 de novembro o alumnado de galego de 1º e 2º ESO disfrutará dun encontro co profesor de Historia medieval da Universidade de Santiago, X. M. Andrade baixo o título "A vida cotiá nos mosteiros medievais de Galicia". Unha oportunidade máis para achegarse á nosa historia con profesionais de prestixio.
E, despois de recibir unha conferencia excepcional, deixounos esta micro-entrevista.
E, despois de recibir unha conferencia excepcional, deixounos esta micro-entrevista.
Brian (8 anos) e a súa marabillosa versión de Os sete cabritos
Brian é un londoner de 8 anos. Estuda galego unha hora á semana como actividade extraescolar en Primaria. Escoitade a súa versión. Abride os ollos e as orellas. Esbozade un sorriso e deixádevos levar por esta versión do conto de Os sete cabritos e o lobo ferós, cun aquel da Costa da Morte. Historias como esta non só pagan a pena senón que ata reconfortan o ánimo. Grazas Brian e grazas á súa familia por deixarlle esta herdanza.
08/11/2011
Graciela, cantando no Cañada, en galego
Hoxe estivo connosco Graciela, unha cantante galega cunha longa traxectoria académica e profesional no eido da música, como dixemos no post anterior. Por exemplo, formou parte dunha das primeira xiras de Björk. Eli e Álex foron os responsables desta pequena entrevista:
Na actualidade, é voz solista en varios proxectos en Londres mais está ultimamente de actualidade polo seu desexo de representar a Suíza no próximo festival de Eurovisión. Soubemos que este país non esixe ser do mesmo para tal evento. Despois dunha clase connosco despediuse con este agasallo, a súa versión de "Lela".
07/11/2011
Graciela Rodríguez, músico e compositora, en galego
Esta semana está chea de actividades. Hoxe, Xabier Cid. Mañá recibiremos a Graciela Rodríguez, músico, compositora e cantante galega afincada en Londres. Despois de facer estudos de música clásica en Galicia, aterrou en Londres para facer un máster en Vocal Jazz na Royal Academy of Music de London. Dende entón a súa experiencia musical na escena londiniese é realmente importante e variada. Na actualidade forma parte do grupo de Roberto Pla & His Latin Ensemble. Mais, nos últimos días o seu nome apareceu con maior relevo pois opta a ser a candidata de Suíza no próximo festival de Eurovisión. Preguntarémoslle por que.
04/11/2011
Xabier Cid, arquitecto da información en UK, en galego
O vindeiro luns ás 12h da mañá teremos a sorte de contar coa presenza de Xabier Cid, arquitecto da información e con funcións na consultoría da empresa A navalla suíza. Deles saíron traballos tan coñecidos como Eufalo.tv, galegolab.org ou o tristemente desaparecido flocos.tv. Daquela toda unha referencia na creación e construción de espazos virtuais. Para esta ocasión, X. Cid proponnos como título "Imos facer un trato: un exemplo (pequeno) de economía social" e será o alumnado de Bacharelato quen desfrute desta oportunidade. E velaquí a mini-entrevista
Etiquetas:
Bach,
ciencia,
conferencia,
eventos,
noCañada
01/11/2011
II Día da Ciencia en galego, en Londres
Co gallo da celebración do II Día da Ciencia en galego, dende Londres queremos tamén sumarnos a esta iniciativa. Daquela contaremos coa presenza de Gonzalo Pais, físico da USC que nos presentará a figura sobranceira de Madame Curie, notable física e química merecente do Premio Nobel. Boa oportunidade, sen dúbida, para coñecer un pouco máis esta figura da ciencia.
E despois da celebración, o vídeo
Suscribirse a:
Entradas (Atom)





