20/12/2011

A nosa felicitación: de Londres para o mundo

Con este vídeo elaborado con algúns debuxos de nenas e nenos que estudan galego no IE Cañada Blanch, queremos compartir os seus desexos con todos vós:

15/12/2011

Facer televisión en Londres: Asela Villar, en galego


O vindeiro venres 16 de decembro agardamos a presenza de Asela Villar, unha profesional de longa traxectoria nos medios de comunicación. Empezou no mundo radio en emisoras como Ser Lugo ou Cadena Dial para logo traballar en varias canles locais de televisión. Máis adiante xa se incorporou a programas de radio e de televisión de cobertura estatal: entre os máis coñecidos, El Diario de Patricia en Antena 3 (editora) ou Sabor a tí na mesma canle. Dende o 2005, traballa en Londres como presentadora, reporteira de radio e televisión e tamén como voice-over artist. Na actualidade podémola ver en HispanTV, unha canle iraní en español, presentando Cinepolítico, un programa de cine e debate. 
Daquela unha profesional con moita experiencia que nos vai contar que se agocha detrás das cámaras e das luces da televisión.
E dúas preguntas para a convidada:

14/12/2011

Presentámosvos o noso logo e o primeiro cartaz

Despois dun obradoiro na aula, Iván Mato, deseñador gráfico para Nokia en Londres, marchou cun feixe de ideas que lle achegara o alumnado de 1º e 2 ESO de galego do Cañada Blanch de Londres. Agora aquelas ideas plasmáronse neste logo onde se combina o roundel do metro londiniense coa franxa azul da nosa bandeira. Esa é unha das interpretacións pero xa coñecemos máis. Agora tócavos a vós opinar.
E ademais elaborou unha serie de cartaces onde volve combinar as mesmas colores e motivos para obter outro resultado, como vedes deseguido, no primeiro dunha serie máis ampla. Daquela, só nos queda agradecerlle a Iván Mato a súa xenerosidade, a súa eficacia e o seu compromiso.

07/12/2011

Obradoiro de canto clásico con Alicia Querol, en galego

Mañá recibiremos a Alicia Querol Herrero, estudante ferrolá de Tradución e Interpretación en Londres amais de facer estudos especializados en canto clásico nesta cidade. Daquela daranos unhas leccións fundamentais para achegarnos doutro xeito a unha ópera ou a un recital. Sen dúbida, boa ocasión para achegarnos dende o galego a esta disciplina artística e para desfrutar da súa magnífica voz. Escachará algún vidro do Cañada?
Non escachou ningún vidro pero disfrutamos moito escoitándoa cantar. Mágoa da gravación de baixa calidade feita cun teléfono: 

E despois incluso nos respondeu a máis preguntas:

06/12/2011

Primeiro, Inma Gil e Eva Moreda: reflexións dende Londres

Onte 5 de decembro tivo lugar no IE Cañada Blanch de Londres un encontro no que participaron Inma Gil, Eva Moreda e Rafa Cuiña, moderados por Laura Sáez. O tema era sobre a situación lingüística aquén e alén mar. Dese acto, do que disfrutamos moito pola calidade e bo facer dos ponentes, extractamos algunhas pasaxes. Polo de agora, Imna Gil, xornalista da BBC, que foi a que o encetou, aquí falando do Grupo de Traballo Galego:



E de seguido, Eva Moreda, escritora e profesora de Musicoloxía na Open University, falando de literatura galega en UK

05/12/2011

E logo, Rafael Cuiña: reflexións dende Londres

E despois das intervencións de Inma Gil e Eva Moreda, Rafael Cuiña expúxonos de xeito xeneroso a súa visión sobre a relación entre política e lingua en Galicia. Deixámosvos dous fragmentos da intervención; e lamentamos non poder recoller tamén o palpitante e interesante debate que xurdiu despois entre os ponentes e o público.



E outro momento:

01/12/2011

A casa de Dickens, vista por John

Hai uns días fomos visitar a casa de Dickens; ou mellor dito, unha das casas de Dickens en Londres. Era unha actividade organizada polo departamento de inglés. Pero John aproveitou para facer unhas fotos e agasallarnos con esta presentación: