20/1/2012

Sobre xornalismo deportivo en Londres, en galego

O vindeiro luns ás 12 teremos a oportunidade de escoitar a Lucía Mariño falar sobre xornalismo deportivo. Esta licenciada en Comunicación audiovisual  que está a realizar un máster na capital londiniense seguro que nos achega moitas experiencias e anécdotas profesionais tras cubrir a información relativa ao Deportivo de A Coruña e traballar para, Riazor.org, La Voz de Galicia ou Radio Marca. Boa ocasión para coñecer ademais unha vertente do xornalismo que, ata o de agora, estaba basicamente en mans de homes.
E, despois dunha hora estupenda falando de deporte e xornalismo, a microentrevista de Serxio, afeccionado do Dépor:

No hay comentarios:

Publicar un comentario en la entrada