24/06/2012

Laura Sáez: unha contadora con patas de peixe en Londres


Mañá ás 13: 20 Laura Sáez, máis coñecida polo seu magnífico traballo como lectora de galego no Queen's College de Oxford, amosaranos outra cara do seu polifacetismo: como contadora de historias. Daquela ás 13h20, a creadora da editora Patas de Peixe, fará unha contada en galego para o alumnado de Educación Infantil que estuda no instituto español Cañada Blanch de Londres
E ás 15h30 repetirá contada para o alumnado de Primaria que estuda galego e tamén para quen estuda portugués. Daquela, hai mellor xeito de pechar este curso? E na foto, cun futuro contacontos xa coñecido, Brian.

1 comentario:

  1. Non a coñezo máis que na súa faceta de editora... e encántame! Parabéns por esa fin de curso tan especial.

    ResponderEliminar