Aquí está o futuro do xornalismo galego en Londres e en parte do estranxeiro.
28/02/2012
25/02/2012
Arantza Vilas: Tecnoloxía téxtil en Londres, en galego
O vindeiro luns ás 12 da mañá recibiremos á viguesa Aranzta Vilas, profesora de tecnoloxía téxtil na University of the Arts de Londres.
Para esta ocasión, falaranos do seu proxecto profesional que está a desenvolver na capital londiniense: PinakiStudios. Sen dúbida, unha estupenda ocasión para coñecer as relacións entre a arte e o deseño de tecidos coas técnicas máis anovadoras. Seguro que imos aprender unha morea de cousas.
24/02/2012
Unha vez tiven un cravo... en galego, inglés e dariya.
Dende Londres tamén queremos celebrar a aniversario de Rosalía. Daquela aquí vos deixamos un recital polífónico e multilingüe realizado pola alumnado de galego de 2ESO na nosa lingua, en inglés e en dariya, dun dos poemas máis famosos de Rosalía de Castro:
Voice Recorder >>
E en inglés
Voice Recorder >>
E a versión de Omar, un rapaz de 12 anos que está empezando co galego e xa nos fai a súa versión en dariya:
Voice Recorder >>
Etiquetas:
alumnado,
ESO,
literatura,
poesía
22/02/2012
Cigarróns, pantallas, boteiros, felos... en Londres
Quen dixo que en Londres non había entroido? Aquí tedes a proba irrefuntable que dá resposta á anterior cuestión.
21/02/2012
Vídeo-intercambio IES Félix Muriel (Rianxo)-IE Cañada (Londres) co alumnado de galego
Hai case un mes fixemos un vídeo-intercambio lingüístico co alumnado do IES Félix Muriel. Neste caso, algúns alumnos de galego de 3ESO do Cañada Blanch de Londres tiveron a oportunidade de falar con outros de Rianxo da mesma idade vía skype. O vídeo resultante non é de excelente calidade mais a experiencia foi tan boa que imos repetila.
08/02/2012
Artistas galegos en Londres: Carlos Abeijón, kidsounds, connosco
O xoves 9 de febreiro recibiremos a visita de Carlos Abeijón, un artista audiovisual de Compostela pero instalado en Londres, e formado na Escola de Imaxe e Son de A Coruña. Entre as súas múltiples actividades destaca a produción e dirección de filmes ou como músico e compositor. Formou parte de bandas como Razzia, Acid Rats, Syriana, Skaiola Borrokal ou The. O seu último proxecto musical, Qvek. Daquela nada mellor que botarlle unha ollada á súa web, kidsounds, para saber máis deste artista. E no pasado ano desenvolveu un blogue moi orixinal, co mesmo nome cá súa web, pois nel presenta un canción creada para cada día do ano. E como tal defínese, un kidsounds. Veremos que é isto.
E amais de participar noutros sitios como Eivados, destacariamos a súa faceta como ilustrador que se pode ver en Harringay Days (e seguir as aventuras do Home pataca) ou en SANTA fanzine. Sen dúbida, outro artista máis do que poderemos difrutar o alumnado de galego do Cañada.
E agora a microentrevista:06/02/2012
Artistas galeg@s en Londres (IV): Peque Varela, directora de cine, connosco
Peque Varela é unha moza ferrolá instalada hai tempo en Londres onde se graduou na National Film and Television School in Animation Direction. O seu filme de graduación 1977 leva unha chea de ben merecidos premios e foi seleccionado para festivais tan prestixiosos como Sundance Film Festival ou Clermont-Ferrand Film Festival. En 2009 coa arxentina Silvia Cornillón fundaron a produtora Argallando que xa deu os seus primeiros froitos. Mañá estará connosco para ver e falar sobre a súa obra. Sen dúbida, un luxo.
Para os que non poidades estar aquí vos deixamos 1977 e non perdades de visitar a súa web. A desfrutar.
E agora a microentrevista realizada por Ana e Patricia despois do interesantísimo encontro co alumnado de Bach
Etiquetas:
cine,
conferencia,
eventos,
noCañada
02/02/2012
Unha de romanos
Mañá 3 de febreiro o alumnado de galego de 1º e 2º ESO de galego do IE Cañada Blanch de Londres, terá unha conferencia titulada "A herdanza romana en Galicia" impartido polo profesor J. A. Puentes Romay, do departamento de Latín e Grego da Universidade de Santiago de Compostela. De seguro que que nos falará da torre de Hércules, de pontes, vías, miliarios, das murallas de Lugo, de castros...Soa interesante.
E aquí vos deixamos unha foto deste acto:
E aquí vos deixamos unha foto deste acto:
01/02/2012
Artistas galeg@s en Londres (III): Jandro Martínez, bailarín, en galego no Cañada
Hoxe 31 de xaneiro o alumnado de 3ºESO tivo unha visita moi especial: o bailarín vigués Jandro Martínez. Este xoven bailarín despois de pasar polo famoso concurso de TV, Fama a bailar, continuou os seus estudos de danza en cidades como Madrid e Los Ángeles. Dende hai uns meses prosegue formándose en Londres con parte do profesorado máis prestixioso desta vertente artística amais de realizar distintos tipos de traballos profesionais. Como mostra do que fai, deixámosvos este vídeo:
E hoxe na aula derrochou simpatía, experiencias persoais, anécdotas, baile, bo facer e tamén bos consellos; e incluso na microentrevista, baixo a auganeve londiniense, nos regalou un baile. Iso si, desculpade a carencias técnicas.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




