Esta semana co alumnado de Primaria estivemos realizando varias actividades de expresión oral. E para traballar as emocións e os sentimentos ocorréusenos que podiamos dicir Galego con distintas entoacións que expresasen xustamente emocións distintas. Malia certas limitacións técnicas, presentámosvos o resultado:
25/04/2012
24/04/2012
Falando de Amnistía Internacional en Londres, en galego
E o 26 de abril estará co alumnado de 3 ESO David Arribe López que nestes momentos traballa para a organización Amnistía Internacional na súa sé de Londres. Falaranos da súa historia, da súas actividades e tamén dos proxectos nos que nestes momentos anda envolta. E tamén estamos nos explicará máis polo miúdo estas liñas que nos enviou por mail: " Traballo en Amnistía agora, pero moitos dos traballos que conseguín
-incluindo o de Amnistía- tiveron que ver con que falase galego -pedíase
portugués e por extensión un galegofalante é máis que capaz de ler ou
comunicarse cun lusofalante!" E aquí a entrevista que lle fixo Eli ao rematar a súa excelente intervención:
23/04/2012
Os galegos en Londres e os cativos con Celso Emilio no Día do Libro
Para celebrar o Día do Libro decidimos adicarllo ao poeta celanovés Celso Emilio Ferreiro pois estamos no seu centenario. Entre outras actividades hoxe deixámosvos dúas:
a) A comunidade galega en Londres (e tamén ingleses) estanos deixando (e pódeo seguir facendo) a través dunha aplicación 2.0 os seus vídeo-poemas coa obra de Celso Emilio. Non perdades a ocasión de escoitar cada un dos vídeos porque son orixinais, están ben recitados e sonnos moi emocionantes que, ao cabo, é o máis importante. Podedes velos e agardamos aínda o teu aquí. Dálle a Respond, logo ao botón vermello e tes 1 minuto.
b) Algúns dos máis cativos que estudan galego en Londres fixeron esta lectura do María Soliña. Teñen seis e sete anos e a grandura do mundo.
22/04/2012
DJ Suso Flores: música electrónica en Londres, en galego
E o martes 24 de abril estará connosco o coruñés Suso Flores, deseñador de son formado en Ravensbourne College of Design and Communication. Compositor de música electrónica tamén como DJ pincha nas máis afamadas discotecas londinienses como Fabric, The Egg ou Aquarium; na actualidade compaxina a súa vertente artística co traballo para os Xogos Olímpicos como Commentary Systems Operator. E coñeceremos o seu proxecto musical inmediato: sacar un disco de música electrónica para nenos.
18/04/2012
Engurras (Arrugas) en Londres
O vindeiro sábado 21 de abril ás 16h00 no Cine Lumière de Londres e dentro da fin de semana de primavera do London Spanish Film Festival proxectarase Arrugas. Da produtora galega Perro Verde Films e baseada no cómic do Premio Nacional Paco Roca ten no seu haber moitos premios e a aclamación do público. Este sábado poderémola ver por vez primeira en Londres na súa versión en castelán. Aí vai un avance:
17/04/2012
Os Séculos Escuros segundo Patricia
Patricia é unha alumna catalá que chegou este ano a Londres para facer 1 BACH. É unha apaixonada do audiovisual e agasallounos con este vídeo sobre os Séculos Escuros pois tivemos a sorte de que escollera a opción de Lingua e Literatura Galega. E estamos amais moi orgullosos do nivel de lingua que xa adquiriu nestes seis meses. Parabéns Patricia.
Etiquetas:
alumnado,
arte,
Bach,
creación,
literatura
08/04/2012
O recoñecemento oficial dunha ilusión

Vimos de saber que o INTEF (Instituto Nacional deTecnologías Educativas y de Formación del Profesorado) pertencente ao Ministerio de Educación, Cultura y Deporte acaba de recoñecer a este blogue co distintivo de "Buena PrácTICca 2.0" por acercar a nosa lingua " a su alumnado de una manera muy enriquecedora que puede servir de modelo a cualquier docente empeñado en la enseñanza de las lenguas". Neste enlace podedes ver todo o artigo na páxina do Ministerio.
Daquela aproveitamos para felicitar ao alumnado de lingua galega do Cañada Blanch pois esta distinción é, con toda honestidade, delas e deles. Ademais é para elas e para eles. É o recoñecemento da súa ilusión.
Así mesmo é boa ocasión para recordar que esta práctica docente e cultural que tentamos levar a cabo en Londres sería imposible sen a implicación das súas nais e pais. E tampouco sería posible sen a comunidade de galegas e galegos en Londres agrupados nesta silveira virtual. Son moitas e moitos quen, cada semana, levan pasado polas nosas aulas para darnos leccións. Leccións profesionais e altamente cualificadas. Leccións de vida. E sempre de xeito xeneroso, comprometido e orgullosas/os de seren galegas/os nas beiras do Támesis.
Vaia por todas e por todos vós. E, coma sempre, grazas por botarnos unha man e alimentar a nosa ilusión e as nosas emocións.
Vaia por todas e por todos vós. E, coma sempre, grazas por botarnos unha man e alimentar a nosa ilusión e as nosas emocións.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)
