Sábado 26 de xuño remataremos as nosas actividades culturais cunha presentacíón de luxo. Antonio Nodar fotógrafo de Baíñas que leva varios anos afincado en Londres falaranos dos seus proxectos fotográficos. E das súas viaxes: Nepal, Kenia, India ou Galicia foron algúns dos emprazamentos que captaron as súas páxinas. Amais presentaranos o seu último proxecto que ten forma de libro ...from portrait to self-portrait onde en retratos de artistas elaborados polo propio A. Nodar interveñen os propios artistas. Por tanto, fin de foto.
26/06/2012
25/06/2012
Día de Galicia en Londres 2012
Hoxe xuño 24 de a comunidade galega de Londres celebrou o seu xa tradicional Día de Galicia que con tanto esforzo sacan adiante ano tras ano. Da multitudinaria festa deste ano deixámosvos este vídeo.
24/06/2012
Laura Sáez: unha contadora con patas de peixe en Londres
Mañá ás 13: 20 Laura Sáez, máis coñecida polo seu magnífico traballo como lectora de galego no Queen's College de Oxford, amosaranos outra cara do seu polifacetismo: como contadora de historias. Daquela ás 13h20, a creadora da editora Patas de Peixe, fará unha contada en galego para o alumnado de Educación Infantil que estuda no instituto español Cañada Blanch de Londres
E ás 15h30 repetirá contada para o alumnado de Primaria que estuda galego e tamén para quen estuda portugués. Daquela, hai mellor xeito de pechar este curso? E na foto, cun futuro contacontos xa coñecido, Brian.
23/06/2012
Entrada 200: As 5 entradas máis vistas do blogue
- A versión de Os sete cabritiños de Brian, alumno do Cañada de 7 anos
- Traballadoras galegas en Londres
- A entrada relativa ao encontro ao redor da lingua con Inma Gil, Eva Moreda, Laura Sáez e Rafa Cuiña
- A guía da hostalaría galega en Londres
- O anuncio de cine galego no Spanish Film Festival de Londres
Moitas grazas a tanta xente que formades parte del pois a vosa xenerosa presenza enriqueceounos e enriquéceo; e tamén a quen o visitades con asiduidade. Grazas a tod@s vós este blogue leva preto das 35.000 visitas para as 200 entradas.
22/06/2012
Por isto saberedes quen son...
Con esta actividade queriamos que o alumnado nos describira e nos falara dalgún obxecto importante para eles, algún obxecto co que se identifican, co que os recoñezamos ou que posúa certo valor emotivo. O resultado:
21/06/2012
No Cancer Research UK, en galego
A primavera comezou en Londres con moita actividade. O xoves 22 recibiremos a dous relevantes científicos galegos que están investigando no Cancer Research UK (London Research Institut) sobre esta enfermidade. Lola Vázque Novelle, con estudos en Farmacia na USC, e Miguel González Blanco, de Bioloxía da mesma universidade, poñerannos ao día das últimas novidades neste tema e, sempre, dunha maneira divulgativa e, por suposto, en galego. Daquela outro luxo máis poder escoitalos.
20/06/2012
Novo cinema galego en Londres
Recibiremos a primavera en Londres falando de cine. Neste caso, o alumnado de 3ESO contará coa presenza de Xosé Manuel Sande. Historiador de cine e membro da Asociación Española de Historiadores del
Cine, colaborou como articulista e coautor en libros colectivos como "El cine de Gonzalo Suárez" (2003), "Juan Antonio Bardem. El cine a codazos" (2004), "La atalaya desde la tormenta: el cine de Luis García Berlanga" (2006), “Una pica en Flandes. Juan Diego” (2006) ou “Al otro lado de la ficción. Trece documentalistas españoles contemporáneos” (2007), ademais dun centenar de voces do Diccionario de Cine Español e Iberoamericano da SGAE (en prensa). Na actualidade é coordinador da programación do CGAI. Daquela estamos en boas mans para saber cales son as liñas fundamentais que está seguindo o cinema galego, cales son os seus valores, as súas dificultades e que futuro se lle albisca.
19/06/2012
Se eu fose un animal...
Esta semana estivemos coa rapazada de Primaria realizamos unha pequena actividade da que vos deixamos este vídeo. E vós que becho seriades?
17/06/2012
O Pórtico da Gloria revisitado no V&A
O venres 15 de marzo tivo lugar no V&A Museum de Londres unhas xornadas sobre o Pórtico da Gloria auspiciadas pola Fundación Barrié. Como remate, amais da intervención do novo embaixador que se estreaba nun acto público en Londres, actuou o grupo Martín Códax. Desa actuación, gravamos esta coñecida cantiga de amigo
E aquí unhas fotos do acto:
16/06/2012
Rosalía, en galego e en catalán, dende Londres
Entre o alumnado de Bach de lingua e literatura galega en Londres atópase unha estudianta catalá, Patricia. Despois de traballar coa figura de Roasalía, agasállanos con estes dous vídeos a partir dun poema de Cantares Gallegos que elabora en galego e catalán, a súa lingua nai.
13/06/2012
Sobre o noso urbanismo, en Londres e en galego
O vindeiro venres 15 de xuño recibiremos ao arquitecto Diego García Mejuto que, nestes momentos, está rematando a súa tese de doutoramento na University College London. Para esta ocasión ofreceralle unha charla ao alumnado enfocada no tanto que unha introducción a Galicia coma territorio: as
súas características, áreas urbanas e rurais, problemas (coma o do
chamado feísmo), etc. Daquela seguro que, máis unha vez, aprenderemos unha chea de cousas da man dun especialista galego nesta materia nas beiras do Támesis
A agora a microentrevista:
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




